Cotas de inscrición
Categoría | 1 de outubro | 1 de novembro |
---|---|---|
Cota ordinaria | 75,00 € | 100,00 € |
Cota reducida | 50,00 € | 50,00 € |
Inscribiranse e abonarán a cota ordinaria todos os autores e autoras que asistan presencialmente ao Congreso.
A cota ordinaria de inscrición inclúe a entrega de documentación, a asistencia ás sesións de apertura e clausura, a participación nas sesións científicas do Congreso, os cafés, a asistencia á comida no Balneario de Laias e a participación nas actividades sociais.
No caso de comunicacións con varios asinantes, todos os autores deben estar rexistrados para que a comunicación sexa aceptada e poida optarse á emisión do certificado de presentación. Os autores ou coautores que non asistan presencialmente deberán igualmente formalizar e abonar a súa inscrición na cota reducida, aínda que non participen nas sesións nin nas actividades do Congreso.
Tamén poderán inscribirse na cota reducida o alumnado, as persoas egresadas de primeiro ano e os acompañantes de persoas que presentan unha comunicación. No caso de que estas persoas desexen asistir á comida e ás actividades sociais, deberán abonar a cota reducida correspondente. Se non van participar nas devanditas actividades, deberán igualmente inscribirse, aínda que non será necesario realizar o pago.
Formas de pago
O ingreso debe realizarse na seguinte conta bancaria: ES75 0081 5290 7600 0219 8731.
Unha vez realizado o pago, deberá enviarse o xustificante da transferencia ao correo electrónico:
No asunto do correo debe indicarse claramente o nome completo do asistente. O xustificante debe enviarse antes da data límite establecida para o seu tipo de cota.