Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Destinatarios: investigadores e investigadoras da comunidade universitaria e persoal de I+D de entidades públicas ou privadas que traballan sobre a temática da balneoterapia. Baixo o epígrafe “Innovación, saúde e territorio ante o reto demográfico”, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense converterase nun foro de debate que aborde esta temática desde unha perspectiva multidimensional, tanto no ámbito nacional como internacional.

 

Envío de resumos estendidos

O Comité Científico avaliará todas as propostas e comunicará a súa aceptación como comunicación oral, poster ou non aceptación por correo electrónico antes do 15 de xullo de 2026.

Acknowledgment Text

The Microsoft CMT service was used for managing the peer-reviewing process for this conference. This service was provided for free by Microsoft and they bore all expenses, including costs for Azure cloud services as well as for software development and support.

 

Envío de traballos completos

Unha vez aceptado o traballo, os autores poderán enviar a comunicación escrita completa.

  • Prazo de envío: do 1 ao 31 de outubro de 2026
  • Extensión: máximo 7.000 palabras ou 15 páxinas
  • Idioma: galego, castelán, inglés, portugués ou francés.
  • Plantilla obrigatoria: GL | ES | EN | PT | FR
  • Envío: por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Presentación de traballos durante o congreso

Posters

  • O Comité Científico do congreso pon ao seu dispor unha plantilla en formato PowerPoint de uso obrigatorio para a elaboración do póster.
  • O tamaño da páxina debe ser de 84,1 x 118,9 cm (A0) vertical.
  • Máximo 1 páxina por póster.
  • A impresión dos posters correrá a cargo dos autores.
  • Os autores deberán entregar os posters á organización no momento de recollida da documentación e en todo caso, antes das sesións correspondentes.
  • Os traballos aceptados como póster serán presentados nas sesións asignadas. Un dos autores deberá estar todo o tempo que dure a sesión diante do seu póster para atender as posibles preguntas dos asistentes.
  • Plantilla obrigatoria: Poster CB26 (pptx)

 

Comunicacións orais

  • As presentacións en PowerPoint ou Pdf deberán seguir o formato recollido na plantilla e ser enviadas ao correo da organización (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) como máximo o día 18 de Setembro ás 12.00 pm.
  • A duración de cada exposición oral será de 10 minutos. Non se permitirá exceder o tempo establecido por programa.
  • Os detalles de horario poden ser consultados no programa.
  • Plantilla obrigatoria: Presentación CB26 (pptx)

 

Publicación

Os resumos estendidos aceptados serán publicados nun Libro de abstracts, e os traballos completos para aqueles autores que así o desexen nun Libro de proceedings, en ambos casos con ISBN.

Libro de resumos

Publicación de posters

Os pósteres que fosen aceptados, se as súas autoras/es deséxano, poderán ser publicados como material divulgativo na Revista de Dereito, Auga, Sustentabilidade e Termalismo – REDAS-t (ISSN: 2444-9571).

REDAS-t é unha publicación electrónica xurídica de periodicidade anual especializada en auga, medio ambiente, desenvolvemento sostible e termalismo, que se edita desde a Facultade de Dereito da Universidade de Vigo (Campus universitario de Ourense) e cuxos contidos van dirixidos a persoas interesadas nestas materias provenientes tanto do ámbito académico como do profesional. A maior parte dos seus contidos son, pois, xurídicos, pero tamén hai espazo para publicacións sobre auga, sustentabilidade e termalismo doutros ámbitos académicos que poidan ter de forma directa ou indirecta interese científico ou divulgativo no contexto xurídico. A título ejemplificativo, no número 7 (2023) publicáronse pósteres de diversos ámbitos académicos aceptados no IV Congreso Internacional da auga.

Especificacións para a publicación:

  • Formato: PDF/PDF
  • Lingua: os contidos de REDAS-t publícanse en español; por esa razón, os pósteres redactados noutras linguas é necesario que sexan obxecto de tradución polas súas autoras/es; esa versión traducida, se así o desexan as súas autoras/es, pode vir acompañada complementariamente pola versión lingüística orixinal, que tamén sería obxecto de publicación.

Envíos: as/os autoras/es interesadas/deberanvos canalizar os seus envíos a través do OJS de REDAS-t.

 

Premio á mellor comunicación
Premio Prof. Dr. Luis Rodríguez Míguez

  1. Poderán optar a este premio os traballos orixinais presentados en formato de comunicación oral no II Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia.
  2. As persoas que presidan as distintas áreas temáticas do congreso poderán propoñer, se procede, unha comunicación candidata ao premio. Posteriormente, reunidas en sesión colexiada, avaliarán as propostas e seleccionarán a comunicación gañadora.
  3. O fallo do xurado farase público durante o acto de clausura do congreso e terá carácter inapelable.
  4. O premio estará dotado cunha contía de 300 €, que será aboada á persoa autora de correspondencia da comunicación galardoada. Así mesmo, poderá concederse un accésit sen dotación económica.
  5. O premio poderá ser declarado deserto se, a xuízo do xurado, ningunha das comunicacións presentadas reúne os méritos suficientes para a súa concesión.
  6. A participación no congreso implica a aceptación íntegra das presentes bases.