Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A auga termal posúe unhas propiedades únicas e unha temperatura que de forma natural é elevada, estas características a transforman nun recurso moi importante para aplicacións que repercuten positivamente na saúde das persoas, de ahí a importancia dunha xestión adecuada da mesma, a través da balneoterapia.

A balneoterapia é apropiada para tratamentos entre outras de enfermidades reumatolóxicas, dermatolóxicas así como respiratorias, para a prevención, o envellecemento saudable, a rehabilitación e tamén dun modo mais lúdico para a relaxación e o equilibrio físico e mental.

Na xestión termal, este tipo de augas son un activo estratéxico para desenvolver experiencias de benestar personalizadas, combinando terapias tradicionais e terapias modernas, que melloren entre outros aspectos o turismo de saúde, os tratamentos médicos e o benestar.

Galicia ten unha enorme riqueza balnearia que podería aproveitarse para a mellora da saúde da poboación e ser un pilar fundamental dun turismo sostible e de saúde.

O I Congreso Internacional da Xestión da Balneoterapia titulado “Aproveitamento médico dos balnearios polo Sistema Nacional de Saúde: unha oportunidade de desenvolvemento termal” inscríbese no marco do estudio e investigación do Campus Auga - Campus de Ourense, da Universidade de Vigo e seu principal obxectivo é ofrecer un punto de encontro para reflexionar e intercambiar coñecementos sobre aspectos significativos relacionados cun mellor aproveitamento das propiedades terapéuticas das augas mineromedicinais.

Nesta primeira edición, organizada polo Campus Auga e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, presenta un carácter multidisciplinar, abordando aspectos específicos relacionados coa temática da auga no censo da balneoterapia, incluíndo aspectos como a utilización e xestión médica dos balnearios e o turismo sanitario, entre outros temas. Ademais, explóranse aspectos vencellados a responsabilidade social e os obxectivos de desenvolvemento sostible no contexto do recurso hídrico terapéutico. 

Dentro da temática xeral sobre as augas mineromedicinais como recurso terapéutico para o Sistema Nacional de Saúde, este I Congreso Internacional propón analizar diferentes liñas de investigación e transferencia, nas que se contará coa participación de especialistas de referencia que, ademais de contextualizar a materia, expoñerán en forma de conferencias, diferentes resultados ou modelos de investigación de acordo cos seguintes bloques temáticos: Principais indicacións médicas actuais da cura balnearia e técnicas de aplicación, a cura balnearia nos Sistemas Nacionais de Saúde en Europa Xestión dos balnearios nun Sistema Nacional de Saúde e o turismo de saúde.